O Comité de Alcoa avanza mobilizacións tras os desencontros entre a empresa e o Goberno

Cre que hai "unha ruptura do proceso de venda".

Traballadores de Alcoa San Cibrao/EP

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou da convocatoria dunha asemblea de traballadores para reiniciar a folga no complexo industrial lucense e un calendario de mobilizacións ante “a ruptura do proceso de venda”.

A folga no complexo industrial que Alcoa ten na Mariña está suspendida até este luns -día 20 de setembro-, pero por mor dos últimos acontecementos, ante o desencontro entre a multinacional e o Goberno de España, que o comité cualifica como “unha ruptura do proceso de venda”, a representación dos traballadores exponse iniciar de novo mobilizacións en defensa da produción de aluminio primario e dos empregos.

O comité confirmou a celebración dun pleno extraordinario para valorar a situación e a convocatoria para este mércores -día 22-, ás 12:00 horas, nas instalacións da propia fábrica, dunha asemblea de traballadores para tomar decisións.

Na orde do día da asemblea figuran dous puntos, por unha banda, informar ao persoal da situación actual e, pola outra, avaliar a posibilidade de reiniciar a folga e de pór en marcha mobilizacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here